Presentados os novos modelos de Citroën fabricados en Vigo

1 minutes read

Acaban de presentarse en Vigo os novos Peugeots 208 e 2008, que xa se poden mercar nas versións diésel, gasolina, ou 100% eléctricos. A fabricación deste SUV aglutinará o 45% da produción total da fábrica, e calcúlase que das instalacións de Balaídos saian unhas 250.000 unidades ao ano.

A estratexia de PSA para abordar a transición ecolóxica e tecnolóxica cara á electrificación é que todos os seus modelos sairán con todas as versións, ben gasolina, diesel, 100% eléctrico ou híbrido enchufable. Os modelos mais compactos son totalmente eléctricos, e hai xa unha xeración con 340 quilómetros de autonomía, unha recarga do 80% da batería en media hora, o que facilita moito esa transición cara á electrificación.