A menos dunha semana de que os Presupostos inicien a súa tramitación no Parlamento, o titular de Facenda presentoulles as liñas mestras das contas públicas de 2023 á patronal e aos sindicatos. Os representantes de Comisións Obreiras, UXT e CIG piden que se priorice o gasto social.
«É importante que as persoas en situación de pobreza teñan unhas políticas activas que os poidan axudar», defende a CIG. Mentres que Comisións cre que «Teñen que ser uns orzamentos destinados ás persoas, que atendan as familias con máis necesidades». Demandan tamén que os Presupostos incidan no emprego: «Ante unha situación extraordinaria fai falta un orzamento extraordinario que incidan no emprego, para minimizar o seu impacto e poñer mecanismos de protección», valora UXT.
Na súa reunión coa Confederación de Empresarios, o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, desvelou que os Presupostos prevén un incremento dos investimentos dun 8,5 por cento. «Supón máis de 2.700 millóns de euros sobre o ano pasado, con estes recursos esperamos contribuír a dinamizar a actividade económica e a fomentar o emprego», explica Corgos.