Presentados os tres primeiros postos da lista do BNG de Ponteceso

2 minutes read

Fátima Rodríguez presenta ás persoas que a acompañarán nos postos 2 e 3 da candidatura do BNG de Ponteceso: “Cando a nosa Asemblea Local enfrontou o reto de compoñer a candidatura para estas eleccións tivemos claro que neste momento é necesario ter un equipo versátil, con capacidade de escoita e de adaptación”, declarou. Dous exemplos son os números 2 e 3 da lista, Miguel Pose Amado e María Vitureira Facal.

Miguel é veciño de Cospindo, ten 24 anos é farmacéutico e actualmente estuda unha oposición ao corpo de farmacéuticos do Estado. Comezou a participar activamente na política aos 18 da man de Galiza Nova porque cre que quen ten unha inquedanza e é inconformista ten que facer o que poida para mudar a realidade: “Penso que o Bloque é a alternativa que ofrece experiencia e unha traxectoria previa real e de compromiso co noso concello para gobernar facendo política transformadora ao servizo da xente”, declara.

María é veciña de Corme Porto, ten 35 anos, formouse como Técnico de Imaxe para o Diagnástico, como Monitora de Ocio é Graduada en Traballo Social e actualmente compaxina o seu emprego no sector da hosteleria cos estudos dun Máster Universitario de Prevención de Drogodependencias e Outras Condutas Adictivas, a maiores, cando as súas ocupacións llo permiten, participa en movementos sociais: “O noso concello precisa un cambio, no BNG de Ponteceso contamos cun equipo multidisciplinar con ganas de dialogar para facer a política que os nosos veciños precisan”, asegura.

Pola súa banda, Fátima Rodríguez, insiste: “Temos un claro compromiso en prol da transformación do noso concello e por iso conformamos unha candidatura composta por persoas que na súa propia vida xa afrontaron procesos persoais de transformación, capaces de adaptarse ás circunstancias para acadar os seus obxectivos. Temos a seguridade de que para transformar as nosas vilas e aldeas é necesario un equipo composto por persoas con capacidade de escoitar e observar máis aló da propia parroquia, é necesario analizar e atender o concello globalmente e actuar de xeito integral e cohesionado en todo o territorio”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?