Presentan un manifesto de apoio a Xosé Antonio Andrade, candidato á alcaldía de Coristanco

3 minutes read

Un amplo grupo de xente de diversos ámbitos profesionais con sensibilidade e conciencia democrática, asinaron un manifesto de apoio a Xosé Antonio Andrade Figueiras, candidato á alcaldía de Coristanco nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. Os/As asinantes identifícanse como cidadáns que entenden a política como un servizo público, que rexeitan as prácticas corruptas e defenden a necesidade dun compromiso colectivo respectuoso coas normas de convivencia imprescindibles para coexistir en liberdade.

“Esta concepción da política como ferramenta básica para entendernos e traballar polo benestar xeral,  fóra de intereses partidistas ou de enriquecemento persoal, é o motor que nos impulsa a apoiar a Xosé Antonio Andrade como candidato á alcaldía de Coristanco”, afirma un portavoz dos asinantes.

“Facémolo publicamente porque estamos plenamente convencidos de que representa, coma poucos, todos eses valores humanistas e políticos que fundamentan o sistema democrático: honradez, honestidade, compromiso social, coherencia intelectual, capacidade de xestión, talento para a formulación de consensos e, por riba de todo, un amor inmenso por mellorar a calidade de vida da xente, o medio ambiente e a terra que nos alimenta”, conclúe. 

ASINAN:

SANTIAGO PAZOS IGLESIAS (SOCIÓLOGO)

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO (POETA E EDITOR)

MODESTO FRAGA MOURE (POETA)

FERNANDA RODRÍGUEZ CAAMAÑO (SOCIÓLOGA)

XURXO SOUTO (MÚSICO E ESCRITOR)

XAN FRAGA (HISTORIADOR)

RAMÓN TASENDE POMBO (LIBREIRO)

XOSÉ IGLESIAS (MARIÑEIRO E POETA)

OLGA RODRÍGUEZ DÍAZ (MESTRA)

ANTONIO GARCÍA DE SEAREZ (XORNALISTA)

NATALIA LEMA OTERO (ESCRITORA)

ANGEL LOSADA CIDRE (GUIONISTA)

XAN FERNÁNDEZ CARRERA (ESCRITOR E PROFESOR)

MON LENDOIRO (ARTISTA PLÁSTICO)

JOSÉ MATA CANEDO (XORNALISTA)

FERNANDO CABEZA QUILES ( ESCRITOR E PROFESOR)

CHEÍÑO DE TÓ (DISEÑADOR GRÁFICO)

XOSÉ MANUEL VARELA VARELA (EDITOR E PROFESOR)

LOURDES REY (DISEÑADORA GRÁFICA)

JOSÉ ANTONIO GARCÍA CANEDO (AUXILIAR DE FARMACIA XUBILADO)

FARRUCO GRAÑA (ESCRITOR E PROFESOR)

CARMEN COTELO (ACTRIZ)

ANTONIO TARACIDO (PROFESOR E ARTISTA MULTIDISCIPLINAR)

ANTONIO FERNÁNDEZ (FOTÓGRAFO)

SANTIAGO PICOS (PINTOR)

MIGUEL ANXO CALVO (O’MIGHELO) (ARTISTA MULTIDISCIPLINAR)

XABIER FRANCISCO GRAÑA (ADMINISTRATIVO)

SILVIA TASENDE COTELO (XORNALISTA E PROFESORA)

LUÍS RIAL RODRÍGUEZ (ADMINISTRATIVO)

MARÍA CANEDO (ORNITÓLOGA)

MONCHO IGLESIAS (XUBILADO)

ANTONIO GARCÍA LOSADA (PROFESOR XUBILADO)

MILAGROS COTELO (PINTORA)

ANTONIO PACORET (MESTRE)

ANTÓN RODRÍGUEZ LISTA (XUBILADO)

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?