Presentan un manifesto de apoio a Xosé Antonio Andrade, candidato á alcaldía de Coristanco

2 minutes read

Un amplo grupo de xente de diversos ámbitos profesionais con sensibilidade e conciencia democrática, asinaron un manifesto de apoio a Xosé Antonio Andrade Figueiras, candidato á alcaldía de Coristanco nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. Os/As asinantes identifícanse como cidadáns que entenden a política como un servizo público, que rexeitan as prácticas corruptas e defenden a necesidade dun compromiso colectivo respectuoso coas normas de convivencia imprescindibles para coexistir en liberdade.

«Esta concepción da política como ferramenta básica para entendernos e traballar polo benestar xeral,  fóra de intereses partidistas ou de enriquecemento persoal, é o motor que nos impulsa a apoiar a Xosé Antonio Andrade como candidato á alcaldía de Coristanco», afirma un portavoz dos asinantes.

«Facémolo publicamente porque estamos plenamente convencidos de que representa, coma poucos, todos eses valores humanistas e políticos que fundamentan o sistema democrático: honradez, honestidade, compromiso social, coherencia intelectual, capacidade de xestión, talento para a formulación de consensos e, por riba de todo, un amor inmenso por mellorar a calidade de vida da xente, o medio ambiente e a terra que nos alimenta», conclúe. 

ASINAN:

SANTIAGO PAZOS IGLESIAS (SOCIÓLOGO)

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO (POETA E EDITOR)

MODESTO FRAGA MOURE (POETA)

FERNANDA RODRÍGUEZ CAAMAÑO (SOCIÓLOGA)

XURXO SOUTO (MÚSICO E ESCRITOR)

XAN FRAGA (HISTORIADOR)

RAMÓN TASENDE POMBO (LIBREIRO)

XOSÉ IGLESIAS (MARIÑEIRO E POETA)

OLGA RODRÍGUEZ DÍAZ (MESTRA)

ANTONIO GARCÍA DE SEAREZ (XORNALISTA)

NATALIA LEMA OTERO (ESCRITORA)

ANGEL LOSADA CIDRE (GUIONISTA)

XAN FERNÁNDEZ CARRERA (ESCRITOR E PROFESOR)

MON LENDOIRO (ARTISTA PLÁSTICO)

JOSÉ MATA CANEDO (XORNALISTA)

FERNANDO CABEZA QUILES ( ESCRITOR E PROFESOR)

CHEÍÑO DE TÓ (DISEÑADOR GRÁFICO)

XOSÉ MANUEL VARELA VARELA (EDITOR E PROFESOR)

LOURDES REY (DISEÑADORA GRÁFICA)

JOSÉ ANTONIO GARCÍA CANEDO (AUXILIAR DE FARMACIA XUBILADO)

FARRUCO GRAÑA (ESCRITOR E PROFESOR)

CARMEN COTELO (ACTRIZ)

ANTONIO TARACIDO (PROFESOR E ARTISTA MULTIDISCIPLINAR)

ANTONIO FERNÁNDEZ (FOTÓGRAFO)

SANTIAGO PICOS (PINTOR)

MIGUEL ANXO CALVO (O’MIGHELO) (ARTISTA MULTIDISCIPLINAR)

XABIER FRANCISCO GRAÑA (ADMINISTRATIVO)

SILVIA TASENDE COTELO (XORNALISTA E PROFESORA)

LUÍS RIAL RODRÍGUEZ (ADMINISTRATIVO)

MARÍA CANEDO (ORNITÓLOGA)

MONCHO IGLESIAS (XUBILADO)

ANTONIO GARCÍA LOSADA (PROFESOR XUBILADO)

MILAGROS COTELO (PINTORA)

ANTONIO PACORET (MESTRE)

ANTÓN RODRÍGUEZ LISTA (XUBILADO)