Presentan un proxecto piloto que permitirá levar a innovación rural e social a toda Galicia


A Xunta de Galicia desenvolverá catro proxectos de innovación social e rural baixo o nome de RuralLab, nos que a participación cidadá será un elemento prioritario. O primeiro deles, que se está a levar a cabo de xeito piloto no concello coruñés de Ares, presentouse no marco do Festival de Innovación Social: Ares Innova 2021, un evento que continúa este e o próximo sábado día 9 para achegar a cultura da innovación a públicos de todas as idades. Na apertura do festival, a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, expuxo o valor deste tipo procesos participativos como ferramentas fundamentais que están a dar forma á Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia para o período 2021-2027, unha iniciativa que será pioneira na incorporación da innovación social como eixe prioritario.