Presentan unha querela criminal polo asasinato de Moncho Reboiras en 1975


A coordinadora de apoio as querelas contra os crimes do franquismo pide que se investigue como crime de lesa humanidade o asasinato en 1975 do líder nacionalista galego Moncho Reboiras.

O seu irmán, Manuel Reboiras, foi o encargado de interpoñer unha querela no Pazo de Xustiza de Ferrol, a cidade onde Reboiras foi abatido a tiros durante un operativo policial. 

“Que nun futuro non moi remoto todas estas violencias, torturas, asasinatos, que se produciron na ditadura franquista poidan ser recoñecidos. Que as vítimas e os verdugos teñan nome propio”, explicaba Manuel.

A querela impútalle a 26 membros das Forzas e Corpos de Seguridade do franquismo un delito de asasinato en concurso cun crime de lesa humanidade.