Presenza carballesa nas xornadas sobre ‘Solucións ambientais para entidades locais’

Este martes celebráronse na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela as xornadas sobre Solucións ambientais para entidades locais organizadas por Viratec (Clúster galego de solucións ambientais e economía circular), o Club de Excelencia en Sostenibilidad e a Xunta de Galicia co obxectivo de dar a coñecer as iniciativas públicas que se están a desenvolver e as solucións máis avanzadas en xestión de augas, residuos, comunicacións, mobilidade, enerxía, edificacións e intelixencia artificial.

Un dos protagonistas das xornadas foi o Concello de Carballo, seleccionado, xunto cos de Ribadeo, Santiago de Compostela e As Pontes, como exemplo de “boas prácticas”. O concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Miguel Vales, realizou unha exposición das medidas implantadas nas diferentes áreas de xestión, que sitúan á capital de Bergantiños como referente dentro e fóra de Galicia.

O encontro, no que participaron empresas do clúster e persoal de medio ambiente dos concellos galegos, tamén permitiu coñecer de primeira man as novas tecnoloxías ambientais para que as entidades locais poidan adaptarse ás esixencias en materia de sustentabilidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha