Presenza coruñesa na CM Málaga Cities & Museums International Trade Fair

Trátase da primeira edición dunha feira que se desenvolve do 21 ao 22 de xuño en Malaga, un evento arredor do papel dos museos e institucións culturais na transformación das cidades. Concello e Deputación promocionarán os recursos de turismo cultural do territorio e presentarán un produto novo arredor da figura de Pablo Picasso, «A ruta Picasso».

A Deputación da Coruña contará cun espazo propio na feira en que se difundirán os principais recursos culturais, rutas, eventos, centros e outras propostas. O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, apuntou que «nunha cidade como Málaga e nun proxecto como este dedicado a museos e centros de arte e o seu impacto nas cidades consideramos de especial interese que estivera presente o Concello da Coruña, para presentar os novos productos turísticos relacionados co artista e tamén para poñer en conexión as dúas cidades unidas pola presenza biográfica do artista».

A alcaldesa, Inés Rey, destacou o vínculo «picassiano» que Málaga e A Coruña gardan, irmás desde o ano 2013 na memoria de Pablo Picasso, e sinalou que «ambas as cidades son as únicas que conservan en forma de museo unha vivenda onde residiu o artista malagueño».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha