Presenza de CxG Bergantiños na ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres

Cedida.

O Día da Patria Galega que coincide coa festividade autonómica do Apóstolo, foi escenario da ofrenda floral que Compromiso por Galicia fai cada ano a destacadas figuras da cultura no Panteón de Galegos Ilustres, situado en  Santo Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.

Nesta ocasión os tres representantes da formación en Bergantiños: Jesús Deus Gende (secretario local, comarcal e membro do consello político nacional por Carballo), Víctor Manuel Fraga Arantón (secretario de organización comarcal e responsable en Malpica) e Miguel Antonio Muíño Mato (secretario local de Coristanco), asistiron ao evento. Estiveron presentes igualmente diferentes cargos da actual executiva.

«É a nosa primeira participación como representantes comarcais da formación CxG e foi moi emotivo estar á beira de personaxes ilustres que tanto deron pola nosa terra, en canto a cultura, lingua ou outras facetas. Saímos con forzas renovadas para seguir avanzando neste proxecto galeguista que tanto se necesita. En próximos días anunciaranse novas agrupacións locais que xa están moi avanzadas», sinalaba Jesús Deus Gende, secretario comarcal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha