Presenza de UCIN Galicia na reunión municipalista celebrada en Madrid

Máis de 400 persoas reuníronse este sábado en Madrid nun encontro histórico, onde o municipalismo forxou unha rede cohesionada que reforza ás súas formacións ante as institucións. A asistencia presencial confirmou o compromiso e o obxectivo de establecer con forza o mecanismo necesario para ser a terceira forza en España. A unidade demostrou nesta convención un fito na evolución do municipalismo español, consolidando o seu papel relevante no panorama político nacional. José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia afirmaba que «chegou o momento de que se produza un cambio de rumbo e de empezar a facer outras políticas, seguiremos falando co resto de forzas independentes aumentando a unión municipalista».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha