Miles de mortos e de feridos nos terremotos de Siria e Turquía

1 minutes read

Os terremotos que sacudiron Turquía e Siria este luns deixaron máis de 3.00 mortos e máis de 14.000 feridos, un balance que aínda é moi provisional, xa que se calcula que un gran número de vítimas e feridos seguen atrapados entre os entullos.

En lugares como Alepo, en Siria, a morte e a destrución provocadas polo terremoto súmanse ás causadas por anos de guerra. Mentres os equipos de rescate traballan día e noite, países e organizacións de todo o mundo comezaron a enviar axuda.

Na Asemblea Xeral das Nacións Unidas en Nova York gardaron un minuto de silencio. O Secretario Xeral António Guterres sinalou que é hora de mostrar unidade e deixar ao carón as diferenzas:

«Nacións Unidas está a mobilizarse para colaborar na resposta de emerxencia, traballemos xuntos solidariamente para axudar a todos os afectados por esta catástrofe, moitos dos cales xa necesitaban urxentemente axuda humanitaria.«

A Unión Europea enviou equipos de procura e rescate a Turquía e puxo o sistema de satélites Copernicus ao dispor dos equipos de emerxencia que traballan alí. O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, tamén prometeu toda a axuda necesaria, mentres que países como Grecia, Israel ou Italia están a enviar equipos de rescate.

Rusia, ademais de comprometerse a axudar, tamén enviou 300 soldados a Siria para que colaboren cos equipos do país.