Preto de 200 persoas saíron á rúa en Camariñas nunha andaina solidaria contra a ataxia


Ao redor de 200 persoas saíron, este domingo 25 de setembro, á rúa para facer unha andaina solidaria e así recadar fondos para loitar contra a ataxia, unha enfermidade rara caracterizada pola falta de coordinación nos movementos. O percorrido comezou na zona do paseo fluvial, atravesando parte da Ruta dos Muíños, na Ponte do Porto. Ao final houbo un picoteo, actuacións musicais e inchábeis para os máis pequenos.