Preto de 200 subsaharianos saltan o valado de Ceuta

Este é o primeiro asalto masivo de inmigrantes na fronteira de Ceuta no que vai de ano. O Goberno fala dun caso illado propiciado polas condicións meteorolóxicas. Os anteriores asaltos masivos ao valado de Ceuta producíranse en xuño e agosto de 2018. Lograran entrar en España 720 inmigrantes. No deste venres resultaron feridos leves once gardas civís e un inmigrante. As instalacións da Benemérita no paso fronteirizo quedaron arrasadas tras o paso á carreira dos subsaharianos.
 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha