Preto de 22.000 persoas optan esta fin de semana a 387 prazas de emprego público

Un total de 21.712 aspirantes están chamados a participar nas oposicións que se celebrarán esta fin de semana no recinto da Feira Internacional de Silleda para acceder a 387 prazas de emprego público.

As probas comezaron este sábado, ás 9,00 horas da mañá para cubrir 75 prazas do Corpo superior A1 ás que están convocadas 1.604 persoas; e a partir das 16.00 h. será a quenda dos 8.756 aspirantes convocados para 120 prazas no Corpo auxiliar C2.

O domingo 2 de xullo ás 9.00 h. realizarase o proceso selectivo para o Corpo de Xestión A2 no que están chamadas a participar 2.435 persoas para 90 prazas; e a partir das 16.00 h. terá lugar o exame para o Corpo administrativo C1 con 8.917 aspirantes admitidos e 102 prazas ofertadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha