Preto de 300 estudantes comezan o próximo luns un novo curso na Escola de Música de Arteixo


O luns 5 de outubro a Concellería de Igualdade, Servizos socias, Sanidade e Educación inicia o curso da EMMArteixo adaptado á realidade COVID.

Unha das medidas de maior calado para a aplicación das medidas derivadas da nova normalidade é a ampliación de espazos para impartir a formación. Deste xeito evítase a confluencia de grupos numerosos para diminuir a circulación de persoas en horarios coincidentes. E tamén permite aplicar as medidas de hixienización e ventilación dos espazos.

Estamos falando de máis de 280 alumnas e alumnos que utilizan este recurso. Distintas edades, distintos niveis, distintas disciplinas. O Centro Social será a sede principal donde se imparta a formación. O auditorio dará cabida a todos os niveis e disciplinas. Un encaixe de opcións coa finalidade de que se cumpran as normas dictadas polas autoridades sanitarias.