Preto de 40 desaparecidos tras o incendio dun barco en California

Decenas de persoas están desaparecidas despois de que un barco se incendiáse este luns preto da illa de Santa Cruz, no sur de California (EE. UU.), según informou un portavoz do Departamento de Bombeiros do Condado de Ventura. O portavoz, citado por medios locais, sinalou que cinco persoas foron rescatadas da embarcación e que unha delas sufriu feridas leves. O Departamento de Bombeiros de Ventura indicou en Twitter que acudiu ao rescate do barco sobre a 03.28 hora local (10.28 hora GMT). A Garda Costeira de Los Ángeles apuntou que mobilizou «múltiples activos de rescate xunto con activos de axencias locais para asistir a 30 persoas en perigo nun bote de 75 pés (uns 22,86 metros) preto da illa de Santa Cruz». O barco, bautizado como Conception, partiu desde Santa Barbara o sábado para unha excursión de mergullo, segundo a páxina web da compañía Truth Aquatics. Polo momento, descoñécense os motivos do incendio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha