Preto de 40 propostas para sanción polo botellón detectado na praia de Razo

1 minutes read

A concentración de mozos e mozas para realizar botellón na praia de Razo non é nada novo, pero a concentración rexistrada na madrugada do venres pasado foi unha das máis multitudinarias. De feito, moitos sabían da ‘quedada’ no areal, e os usuarios do campamento de surf que hai en Razo estaban advertidos deste tipo de concentracións. Os veciños da zona van máis aló e afirman que a cifra de 400 persoas e moi pequena, falan de preto de mil. Policía e Garda Civil tomaron datos dunha trintena de persoas, que serán propostas para sanción, unha delas mesmo foi trasladada ás dependencias policiais ao se negar a identificarse. Veciños e veraneantes piden que se actúe contra esta actividade.