Preto de 40 voluntarias e voluntarios asegurarán o bo funcionamento da Mostra do Encaixe de Camariñas

A XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña volverá a contar cun fenomenal equipo de voluntarios e voluntarias formado por máis de 37 persoas que, como cada ano, asegurarán o bo funcionamento do evento durante os cinco días.  

Por unha parte, encargaranse de coordinar que toda a programación se desenvolva segundo o previsto, tanto no control da entrada ou no posto de información como no acceso á sala de desfiles, axudando tamén en calquera dúbida aos visitantes.

Por outra banda, como ven sendo habitual, a agrupación de Protección Civil de Camariñas despregará un dispositivo de seguridade e de tráfico, esencial para o desenvolvemento da Mostra e tamén para solucionar calquera imprevisto.

Related posts

Axober organiza unha xornada para impulsar a expansión das empresas a Portugal

O Concello de Camariñas arrinca a fase práctica do programa pioneiro ‘O Mar na Escola’ con 87 estudantes

O BNG pide á Xunta liñas de transporte público axeitadas para o alumnado de ensino non obrigatorio de Laxe