Preto de 50 nenos e nenas participan nos Campamentos de Verán de Frades


Os Campamentos Municipais de Verán do Concello de Frades, que veñen de comezar esta semana e que durarán ata o 2 de setembro, reúnen a preto de 50 nenos e nenas, de idades a partir dos 4 anos. Haberá todo tipo de actividades: xogos, obradoiros, experimentando coa ciencia, masterchef, xardinería, festas, sendeirismo, piscina, festa da auga, actividades deportivas, contacontos.

Este programa de conciliación da vida laboral e familiar ten lugar no CPI de Ponte Carreira e nas instalacións municipais (piscina, pavillón polideportivo ou campo de fútbol). O Concello de Frades, organizador deste programa de conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares, conta coa colaboración da Xunta de Galicia, do Fondo Social da Unión Europea e da Deputación da Coruña.