A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión provisional das subvencións destinadas ao mantemento dos conservatorios, escolas municipais de música e escolas de danza da provincia durante o exercicio 2026. A través desta liña de axudas investirá este ano un total de 473.750 euros, que se repartirán en 31 subvencións concedidas a outros tantos concellos. O obxectivo do programa é apoiar o funcionamento ordinario destes centros educativos e culturais, contribuíndo á promoción da formación musical e artística e garantindo a súa continuidade en todo o territorio provincial. Na Costa da Morte a Escola Municipal de Música de Cabana de Bergantiños recibirá unha axuda de 11.250 euros, o Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo 25.000 euros, a Escola Municipal de Música do Concello de Cee 11.875 euros e a Escola Municipal de Danza do Concello de Ponteceso 11.250 euros.