Preto de 60 talleres en diferentes concellos para informar sobre a nova tarifa eléctrica


Estos talleres forman parte dunha campaña formativa posta en marcha desde a Vicepresidencia económica, a través do IGCC, para que os consumidores galegos dispoñan da información necesaria para aforrar na factura da luz tendo en conta os tres períodos horarios que contempla a nova tarifa –val, chairo e punta–, nos que o custo da enerxía será máis barata ou máis cara dependendo da hora do día e da semana.
A iniciativa contempla un total de 58 talleres informativos destinados a solucionar as dúbidas relacionadas, por exemplo, coa contratación de potencia ou o novo recibo da luz. Un total de 51 destes talleres serán presenciais, como o desta tarde no concello da Estrada, e levaranse a cabo en zonas tanto urbanas como rurais, esperando chegar a preto de 1.155.000 galegos e galegas. Os sete talleres restantes realizaranse de maneira virtual en aqueles concellos que conten con Oficinas municipais de información ao consumidor (Omic) ou Aulas Cemit.
Ribeira, Vilalba, O Barco, Fisterra, Cuntis, Viana do Bolo e Moraña son algúns dos seguintes concellos nos que o IGCC ten previsto realizar talleres presenciais durante este mes de xuño, aínda que a iniciativa percorrerá diferentes municipios galegos ao longo deste ano.