Preto de 800 árbores prantadas na Coruña co Plan de recuperación das zonas verdes

1 minutes read

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou que o Concello leva plantadas preto de 800 árbores desde que se iniciou o Plan de recuperación e expansión do arboredo da cidade. Este proxecto inclúe un exame da situación actual das árbores da cidade, sobre todo daquelas que son especies protexidas. Deste xeito, a vindeira semana comezará o tratamento das palmeiras dos Xardíns de Méndez Núñez contra o escaravello bicudo vermello. O concello ten previsto plantar máis de 100 árbores na primeira fase da rolda de Outeiro, entre a avenida de Pérez Ardá e a estación do tren. Tamén se plantaron novos exemplares na Mariña e nestes momentos estanse a plantar case 20 árbores na praza Pintor Manuel Colmeiro. Esta iniciativa, explicou a rexedora, estenderase a todos os barrios da cidade, onde o resto das concelleiras e concelleiros plantarán abetos co alumnado dos distintos centros educativos. O obxectivo desta actuación, que forma parte do proxecto de educación ambiental da Concellaría de Medio Ambiente, é concienciar as nenas e os nenos da importancia das árbores e de coidar a natureza.