Preto de 800 persoas participan nas actividades culturais e deportivas de Camariñas

PIXABAY

  • O fútbol é o deporte con máis inscricións, mentres que nas actividades culturais triunfa a música tradicional

Éxito participación nas actividades culturais e deportivas organizadas polo concello de Camariñas con 767 persoas inscritas. No caso das actividades deportivas son as novas escolas de fútbol municipais as que contan con maior número de inscricións, sumando 95 participantes, seguidas de pilates, as escolas de balonmán, iogz e ximnasia para maiores, zumba e ximnasia de mantemento.

Dentro das actividades culturais a que triunfa é a música tradicional (gaita, pandeireta, acordeón e tambor) con 82 usuarios. Na programación tamén se puxeron en marcha clases de música, baile galego, coro, baile moderno, danza coreográfica e deseño de encaixe.