Preto de 9.500 subministacións eléctricas permaneceron este xoves sen luz a causa do temporal

Segundo confirmaron fontes de Naturgy, os operarios da entidade levan desde o inicio do temporal no terreo, aínda que, polo momento, aínda hai algo máis de 9.400 usuarios sen electricidade, dos que a maior parte, máis de 5.000, son da provincia de Ourense.

Entre os municipios máis afectados están Ponteceso (A Coruña), Porriño (Pontevedra) e os ourensáns de Cartelle, Maside, Cortegada e Paderne de Allariz. Naturgy dispón dun cadro de máis de 100 operarios sobre o terreo, fontes da compañía subliñaron as dificultades que están a ter para acceder aos terreos onde se produciron as avarías, dado que persiste o vento e a choiva e, ademais, o terreo está «encharcado».

Telefónica non proporciona cifras de clientes sen servizo, pero informa de que hai moitas avarías que se sumaron ás que xa había, polo que o tempo medio de reparación -din desde a compañía- vai ser máis longo.

Segundo Meteogalicia, nas primeiras horas deste xoves caeron en todo o país 133 raios. Ademais da treboada e o vento, a chuvia volveu caracterizar o tempo en toda Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha