Preto de mil persoas desfrutaron do acendido do alumeado de Nadal en Vimianzo 

Un ano máis, está en marcha campaña Mercalume, que estará activa ata o 6 de xaneiro. As persoas participantes deberán xuntar 5 cuños nos establecementos participantes para entrar no gran sorteo de 3.600 euros. Os premios repartiranse en catro de 500€, dous de 250€, dez de 100€ e dous de 50€. O sorteo terá lugar o 7 de xaneiro no Recuncho Gastronómico e o troco de vales poderase facer efectivo entre o 8 e o 31 de xaneiro.

Promo Mercalume.

A outra campaña que estará activa será ‘Mercabolas’. As persoas que compren nos comercios adheridos recibirán un Ticket-Bola que deberán trocar por un bono no Bombo de Nadal, que estará situado na praza do Concello desde o 15 de decembro ao 7 de xaneiro, de 18.00 a 20.00 horas. Os xoves de feira estará dispoñible tamén de 12.00 a 13.30 horas. Os premios inclúen tanto bonos descontos, como por exemplo a rebaixa do IVE na compra ou o 20% na seguinte, como regalos directos: TV, aspirador, fritidora de aire…

Promo Mercabolas.

O goberno vimiancés, xunto coa asociación de hostaleiros, pon en marcha estas dúas campañas co obxectivo de dinamizar as compras no comercio local nun dos momentos de maior actividade do ano. Presentaron a campaña Rocío Santos, do Comercio de Vimianzo, e a alcaldesa, Mónica Rodríguez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha