Chegou a cita esperada, e xa van 10, dunha nova edición da “ Feira dá Primavera de Santa Comba”. Todo está de fronte, máis expositores e variedade de artigos que nunca, bo tempo, mediados de mes, pre-campaña electoral, e é que todo inflúe, aínda que o certo é que co traballo profesional que hai detrás deste evento, tanto polo Concello, coa súa alcaldesa Maria Josefa Pose (PP) á fronte, a Deputación Provincial, a Asoc. de Empresarios e a Asoc. Costavales, xa é suficiente para que un ano máis se chegue a superar o record de asistencia que rolda as 20 mil persoas de edicións anteriores. Empresas de Santa Comba, pero tamén de moitos puntos de España ofrecen os seus produtos e servizos nun recinto perfectamente acondicionado para a ocasión e que segundo a presidenta da Asociación de Empresarios Teresa Castro, busca promover e dinamizar o comercio local. No cartel engadido reflíctense parte dos comercios asistentes e os días e horarios de apertura ao público do recinto.
