A actuación ten un prazo de execución de tres meses. O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, mantivo unha reunión co equipo directivo para informar da licitación que xa levou a cabo. O proxecto propón a substitución de boa parte das carpintarías do edificio de primaria, saneado e pintado da estrutura metálica na zona de entrada do edificio de secundaria e a substitución da cuberta da cafetería e vestiarios. Ademais, procederase á retirada e substitución dos vidros do lucernario de entrada deste mesmo edificio. A actuación contempla tamén a instalación dun sistema de illamento térmico exterior (SATE) dos cerramentos do edificio de primaria e máis do edificio de secundaria.
Segundo explicou o representante do Goberno autonómico, esta importante actuación ten por obxectivo primordial mellorar o confort dos alumnos e profesores que cada día interactúan no centro e vai na liña das pautas marcadas no Plan da Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia. Este plan supón avanzar nun novo concepto de centros educativos ao servizo dos novos retos educativos do futuro que pasan por atender non unicamente as necesidades académicas, senón tamén as sanitarias e as tecnolóxicas.
28
