Primeira noite de reforzo policial en Santiago


Axentes da Policía Local, Autonómica e Nacional reforzan a seguridade nocturna en Santiago cun dispositivo especial que se puxo en marcha esta madrugada. O operativo bota a andar tras os dous acoitelamentos ocorridos nas últimas semanas na capital galega na contorna de locais de ocio.

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, reuniuse o mércores pasado coa asociación veciñal Raigame, co intendente da Policía Local e co comisario da Nacional para avanzar no dispositivo.

Durante o encontro, o representante do goberno local insistiu en que Santiago é unha cidade segura na que as forzas e corpos de seguridade traballan de xeito coordinado.