Primeira reunión do grupo de traballo do futuro Centro de Protonterapia de Galicia

AConsellería de Sanidade acolleu unha reunión na que participaron representantes das empresas adxudicatarias da execución da obra -COPASA-, e da instalación do acelerador de protóns -IBA-. Ademais, tamén contou coa presenza do grupo de traballo interno do Servizo Galego de Saúde integrado por oncólogos radioterapeutas, radiofísicos, arquitectos e enxeñeiros.

Esta primeira reunión entre as dúas empresas responsables ten como obxectivo definir os pasos a realizar nos próximos meses para, cumprindo os compromisos adquiridos, o inicio da obra poida comenzar nos próximos meses.

Un dos primeiros pasos será manter unha reunión co Concello de Santiago para explicarlle cales van a ser os traballos preliminares de acordo co anteproxecto contratado, para pedirlle a axilización dos trámites, e comenzar coas obras de xeito inmediato.

Ao tratarse dunha licitación conxunta -proxecto e obra-, axilizarase todo o proceso de deseño e trazado da planta. Así, o Executivo galego agarda que nos vindeiros 4 meses, prazo previsto para ter o proxecto, poidan botar a andar as obras do Centro de Protonterapia de Galicia.

A súa execución prolongaranse por un período aproximado de 12 meses e, de seguido, abordarase a instalación dos seus equipos, uns dispositivos cuxos traballos previos de axuste e calibración durarán tamén da orde de 12 meses. A previsión é que os primeiros pacientes poidan ser tratados no ano 2025 e que, ademais, o fagan co primeiro equipo instalado en España, do conxunto de dispositivos financiados pola Fundación Amancio Ortega.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha