Primeiro dircurso da princesa Leonor, con entrega e esforzo

1 minutes read

A princesa Leonor afirmou, no primeiro discurso que pronuncia, que a súa condición de herdeira da Coroa comprométea «coa entrega e o esforzo de servir a España e aos españois», un reto que asume con «responsabilidade» e «moi honrada». Leonor de Borbón interveu por primeira vez na cerimonia de entrega dos Premios Princesa de Asturias no Teatro Campoamor de Oviedo xunto aos reis e a súa irmá, a infanta Sofía, un momento de que dixo que será «inesquecible». «Hoxe é un día moi importante na miña vida que esperei con moita ilusión», afirmou a princesa, que pronunciou a súa primeira alocución con trece anos, a mesma idade coa que se estreou o seu pai, Felipe VI, en 1981 no mesmo lugar.

Discurso Princesa Leonor.