Tokyo 2020 | Primeiro ouro para a delegación española na modalidade de tiro olímpico


O ouro de Alberto Fernández e Fátima Gálvez na proba de foso mixta en tiro olímpico, o primeiro logrado por España en Tokyo 2020, é vital para lograr enganchar a potenciais afeccionados a este deporte, que se volve tan atractivo nas retransmisións de televisión. España derrotou na final á parella de San Marino formada por Perilli e Berti (41-40) cunha gran actuación de Fernández que só fallou un disparo dos 25 que fixo en toda a rolda final. Unha posta en escena coidada na que a emoción é palpable. Tanto Alberto Fernández como Fátima Gálvez levan anos adicados a iso, á práctica deste deporte e á participación en distintas competicións ao máis alto nivel. Como demostra os dous títulos Mundiais de Alberto, o Campionato de Europa de Fátima, e os diferentes éxitos nas distintas probas da Copa do Mundo nas que ambos participaron.