Primeiro partido do Calvo Basket Xiria en Carballo neste 2023

dpm.

A cita será este sábado ás 17:00 horas no pavillón Vila de Noia. O rival será o Mundioma Marin Ence, que é un dos mellores da Liga, con xogadores doutro nivel superior, coma Kevin Van Wijk (ex COB Ourense) e Zach Monaghan (ex Leyma Coruña), que están xogando en Liga EBA, pero que o seu nivel é de categoría LEB Ouro.
Encontro complicado no que vai ser moi importante o esforzo e concentración á hora de defender, sen despistes e minimizando segundas opcións, contra un equipo con gran poderío ofensivo, para así intentar con algo de sorte, darlles unha alegría os seareiros neste último partido da primeira parte da Liga, cun balance máis que positivo ata o de agora.
Este é o último partido da primeira volta e suceda o que suceda, dende o Club afirman estar moi contentos da resposta, implicación e xogo do equipo ata o de agora. Seguro que será coma mínimo a mesma no que resta de tempada. A pesar que que a segunda volta é mais complexa, non é tan favorable o calendario de partidos, esperan non chegar a un final de Liga complicado e así acadar o seu obxectivo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha