Primeiro triunfo do Bergantiños esta tempada, con remontada incluída (2-1)


Plantilla do Bergantiños FC.

O Móstoles chegou fresco a Carballo e tomou vantaxe no marcador por mediación de Álvaro Sánchez tras un córner moi pechado no minuto 11 de partido. Tardou en achegarse o Bergantiños á porteria contraria, non o fixo ata a media hora de xogo, cando Cano rematou unha falta detida por Tejero. No minuto 37 chegaba o gol do empate por mediación de Agulló, tras un saque de esquina. O encontro semellaba ir camiño de quedar en táboas cando Martín Lamelas combina con Blas e o seu centro convérteo Boedo no dous a un definitivo. Era o minuto 92 e xa non habería tempo para máis.