Primeiros avisos de multa aos propietarios de terreos sen limpar

O prazo para ter as leiras rozadas rematou o pasado 31 de maio, polo que os concellos están comezando a notificar aos propietarios a obriga de ter libre de maleza as zonas situadas a 50 metros dos núcleos de poboación, é dicir, os terreos máis próximos ás vivendas.

Carteis coma estes son unha advertencia de que se en 15 días non se procede a limpar a leira, o propietario ou propietarios terán que facerlle fronte a unha multa que pode ir dos 100 euros nos casos máis leves ata 100.000 nos casos máis graves.

Cada ano fixaranse as aldeas prioritarias nas que actuará Seaga. O conselleiro de Medio Rural aclara que se tras limpar esas franxas de seguridade se implanta unha actividade agraria ou gandeira, iso evitará que ao ano seguinte teñan que ser de novo rozadas e poderán destinarse os recursos a outras parroquias.

A dificultade en ocasións está en localizar os propietarios, moitas veces varios receptores dunha herdanza. O ano pasado envíaronse arredor de 2.400 notificacións de sancións en toda Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha