Primitivo Reguera, novo presidente do Basket Xiria

1 minutes read

Tras a dimisión por motivos persoais do ata o de agora presidente da Escola Basket Xiria, Marcos Díaz Molk, convocouse por parte da entidade unha Asemblea Extraordinaria para elixir novo presidente. Ademais, entre outras cousas, tratouse o estado contable e a previsión para a nova tempada, logo da última atípica, marcada polo parón provocado polo estado de alarma derivado do Covid-19. Non houbo sorpresas, nin tampouco candidaturas para facerse cargo da presidencia, polo que será un home «co corazón verde», da casa, Primitivo Reguera, o encargado de tomar o temón a partir de agora da presidencia do Basket Xiria, que seguirá contando co equipo sénior en Liga EBA cun orzamento próximo aproximado aos 159 mil euros. Moita forza e moita sorte!.