Principio de acordo para finalizar LaLiga

1 minutes read

O Consello Superior de Deportes anunciou este domingo un principio de acordo entre a Federación Española de Fútbol e LaLiga «que recolle os principais aspectos que afectan o fútbol español no contexto da crise sanitaria». No comunicado non se concreta nada do acordo, aínda que transcendeu que o obxectivo é acabar a tempada. O CSD limítase a agradecer a LaLiga e á Federación Española «a súa xenerosidade e a súa vontade de alcanzar acordos, así como a de seguir traballando no curto, medio e longo prazo para deseñar o futuro do fútbol español tras a pandemia». A noticia é que LaLiga e a Federación póñense de acordo en algo despois dos seus continuos enfrontamentos. O principio de acordo implica que as dúas partes están a favor de tentar acabar esta tempada con fortes medidas para protexer a saúde dos xogadores. A idea de LaLiga é empezar a adestrarse a principios de maio e a xogar partidos a finais dese mes ou primeiros de xuño.