Principio de acordo para terminar a guerra en Nagorno Karabaj

O conflito armado ao redor da rexión de Nagorno Karabaj toca ao seu fin. Así o anunciou o primeiro ministro de Armenia. Nikol Pashinián fixo público na súa conta de Facebook que asinou un acordo co presidente de Acerbaixán Ilham Aliev e o ruso Vladimir Putin para poñer fin aos enfrontamentos. No seu comunicado, Pashinián fala dunha «profunda dor» ao asinar o texto pero asegura que o fixo ao consideralo a mellor opción ante a escalada actual do conflito. O anuncio chega despois de que Armenenia confirmase que Azerbaiyan tomara o control da cidade crave de Shushi, Shushá en acerbaixano, en Nagorno Karabaj. O actual enfrenamiento militar comezou a finais do pasado mes de setembro. Desde entón, ambas as faccións culpáronse mutuamente de ataques continuos, incluíndo a civís, e de violar as treguas alcanzadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha