Prisión comunicada e sen fianza para o presunto asasino da coruñesa Mónica Marcos


O home, de 48 anos e con antecedentes por violencia de xénero sobre outras dúas mulleres, foi trasladado desde Madrid á comisaría coruñesa de Lonzas na noite do pasado venres, tras fuxir da Coruña e ser detido en Madrid, despois de supostamente asasinar a coiteladas a Mónica Marcos, de 52 anos, na súa vivenda do barrio do Birloque. O detido pasou a disposición xudicial ás dez da mañá deste domingo nos xulgados de garda da cidade. O fiscal de garda na Coruña, Luís Anguita, considera que o crime é “un delito contra a vida” de “extrema gravidade” que non se pode permitir “nunha sociedade moderna como a nosa”. O avogado da familia pediu prisión non comunicada e sen fianza. A cualificación como asasinato ou homicidio, e outras eventuais circunstancias concorrentes, determinaranse durante a instrución que levará o tribunal específico de Violencia de Xénero.