sábado, 13 junio , 2026

Prisión para cinco dos 10 detidos nunha operación contra o tráfico de heroína en Galicia

1 minutes read

A operación continúa baixo segredo, pero segundo fontes próximas á investigación, 5 dos arrestados ingresaron en prisión, 4 incondicional e 1 eludible baixo fianza. Os outros 5 quedaron en liberdade. Esta operación contra o narcotráfico desenvolveuse en varios concellos das provincias de Pontevedra e A Coruña. Con ela desartellouse unha rede supostamente dedicada a traficar con heroína e outras drogas en toda a comunidade. Algúns dos seus compoñentes teñen antecedentes por narcotráfico. Todos están acusados de integrar unha rede dedicada ao tráfico de heroína. Nesta operación fixéronse rexistros e detencións en Cambados, A illa de Arousa, Sanxenxo, Vigo Oia, O Porriño e A Cañiza. Tamén houbo un arrestado en Ferrol que quedou libre. En total, os axentes incautáronse de 5 quilos de heroína, medio quilo de cocaína e diñeiro en metálico.