Prisión para os acusados de agresión con arma branca en Ferrol e Carballo

O adulto detido, xunto a outros dous menores, en Ferrol ingresou este luns en prisión provisional. Os dous menores, segundo o acordado pola Fiscalía, pasaron a internamento en réxime pechado. Tras o seu paso a disposición xudicial, a maxistrada decretou o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza. Está investigado por un delito de roubo con violencia e intimidación e por un delito de lesións.

Por outra banda, o titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Carballo decretou tamén este luns o ingreso en prisión, comunicada e sen fianza, para o cidadán de nacionalidade marroquí investigado por un presunto delito de homicidio en grao de tentativa contra o porteiro dun pub de Carballo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha