Prisión para tres dos detidos por participar no crime de Samuel Luiz

1 minutes read

A titular do Xulgado de Instrución número 1 da Coruña decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, de tres dos catro sospeitosos de participar no crime de Samuel Luiz, na madrugada do sábado 3 de xullo no paseo marítimo da Coruña. Acordou prisión para os tres homes e liberdade, coa obriga de comparecencias no xulgado, para a muller.

A maxistrada indica no auto que os catro arrestados son sospeitosos de cometer un delito de homicidio ou de asasinato, pendente de definir ao longo da instrución. A xuíza acordou o seu ingreso en prisión por entender que existe risco de fuga e posibilidade de alteración ou destrución de probas.

A investigación, que está baixo secreto de sumario, está dirixida polo Xulgado de Instrución número 8 da Coruña, que é o que estaba de garda cando sucederon os feitos. Dous dos varóns e a muller foran detidos o martes, e o último deles na madrugada deste xoves. Todos son veciños da Coruña, de nacionalidade española e amigos entre si, pero ningún coñecía a vítima.