0
Trátase dun mozo de 21 anos natural de Monforte, polo de agora o principal sospeitoso de asasinar o home que apareceu degolado na súa casa de Vigo. A policía detívoo nun control rutineiro en Silleda e atopoulle enriba as tarxetas da vítima, Benito Torreiro, un mestre xubilado de 69 anos moi coñecido na cidade olívica. A autopsia revela que o home levaba morto polo menos unha semana cando o atoparon. Faleceu posiblemente entre o 27 e o 28 de decembro. Tiña un golpe na cabeza e cortes, pero a causa da morte foi unha coitelada no pescozo. Para o acusado decretaron prisión provisional, comunicada e sen fianza. Investigado por un delito de asasinato.