Prisión provisional e sen fianza para a parella de Juana Canal

A xuíza de instrución 3 de Ávila ordenou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, para a parella de Juana Canal por asasinala hai dezanove anos. Segundo o auto xudicial, matouna dun golpe, tras unha forte discusión no seu piso do distrito madrileño de Ciudad Lineal, e despois despezouna na bañeira e foi soterrala nunha leira na localidade abulense de Navalcruz. No seu auto, a xuíza optou por decretar prisión provisional, comunicada e sen fianza, como solicitaron o avogado da familia e a fiscalía, fronte á oposición do avogado do arrestado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha