Prisión provisional para o carballés investigado por agresión á súa parella

1 minutes read

A xuíza titular do Xulgado de Instrución número 1 de Carballo, que ten asignados os casos de violencia de xénero, ditou prisión provisional, comunicada e sen fianza, para o veciño da vila acusado de homicidio en grado de tentativa, tras darlle unha malleira brutal á súa muller este pasado luns e deixándoa gravemente ferida. A xuíza tomou esta determinación logo de coñecer a versión dos investigadores e de escoitar á fiscalía e á defensa do acusado, quen se acolleu ao seu dereito a non declarar. Logo de permanecer 48 horas detido, o presunto agresor chegou minutos despois das dez da mañá aos xulgados de Carballo escoltado por axentes da Garda Civil, esposado e encapuchado, onde permaneciu ata a unha e media da tarde. O acusado foi trasladado pola Garda Civil á prisión de Teixeiro unha vez finalizaron os trámites administrativos na sede xudicial. A vítima continúa ingresada na unidade de coidados intensivos do Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC) en situación estable con prognóstico grave.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?