Prisión provisional para un dos detidos pola morte de Yoel Quispe na Coruña

1 minutes read

Este sábado pasaban a disposición xudicial os tres mozos arrestados polo homicidio de Yoel Quispe na Noiteboa pasada e ata as oito da tarde estiveron prestando declaración. Os investigados, veciños da Coruña, foron arrestados despois dunha investigación que incluíu rexistros domiciliarios e os testemuños de varios mozos que estaban no lugar onde acoitelaron á vítima. A Unidade de Delincuencia Organizada e Violenta que leva o caso revisou varias gravacións e contidos de redes sociais onde se describía como acontecera o acoitelamento. Para un deles foi decretada prisión provisional, trátase dun mozo de 21 anos e sobre o que pesan antecedentes policiais. Todo este material, xunto coas declaracións, determinarán a implicación de cada un no crime. A investigación, da que se encarga a Unidade de Delincuencia Organizada e Violenta, continúa aberta.