Prisión provisional para un home por prenderlle lume á casa da súa exparella en Tomiño con ela dentro

O titular do Xulgado de Instrución número 1 de Tui decretou prisión provisional para un home de 45 anos detido por ameazas no ámbito de violencia de xénero, incendio con perigo para as persoas e coaccións. Os feitos sucederon na parroquia de Santa María de Pinzás, no lugar de Muros, e foi a exparella do home detido, unha muller de 51 anos, quen deu a voz de alarma. Ao parecer, a muller regresou a casa e observou un líquido no chan. Nese momento, o detido, que estaba no interior da vivenda, prendeu lume e o líquido inflamable comezou arder. A muller conseguiu apagar as lapas e fuxiu en coche. Un dispositivo no que colaboraron a Policía Nacional e a Policía Local conseguiu localizar o sospeitoso na casa da súa nai, na parroquia viguesa de Beade, onde foi detido como presunto autor dun delito de malos tratos no ámbito familiar. 

Related posts

23 vehículos implicados e 4 feridos nun accidente na AP-9 en Oroso | 3 feridos tamén noutro sinistro en Carballo

Galicia pechou a súa estadía en Fitur con dous premios: Mellor Estand autonómico e Mellor Expositor Sostible

UCIN únese a que dimita Oscar Puente, pero tamén esixe a dimisión de Rueda ‘polo abandono da sanidade galega’