Prisión provisional para unha muller por incumprir o confinamento e agredir un axente en Sada

Cedida.

O Xulgado de Instrución número 4 de Betanzos, en funcións de garda, decretou a prisión provisional, comunicada e sen fianza, dunha muller investigada por incumprir o confinamento derivado do estado de alarma en varias ocasións, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).   Ademais, a muller protagonizou un incidente con efectivos da Garda Civil de Sada, durante o cal, presuntamente, lle causou a un deles “importantes lesións”. A xuíza tomou esta medida, segundo especifica no auto, “dada a gravidade dos delitos apuntados e o claro perigo de reiteración delituosa”.