Prisión provisional sen fianza para o home que apuñalou a súa ex-parella en Vimianzo

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Corcubión trasladouse este martes a última hora da tarde ao CHUAC para regularizar a situación do home que estaba custodiado tras apuñalar presuntamente a súa ex-parella a semana pasada en Vimianzo. Dado que aínda non ten a alta médica, a xuíza decidiu que o pase a disposición xudicial se realizase no propio centro sanitario. Acordou prisión provisional comunicada e sen fianza por un presunto delito de homicidio en grao de tentativa. Ademais, ten prohibido comunicarse por calquer medio coa vítima.

Unha semana despois da agresión machista sufrida por Montse López a mans da súa ex-parella en Vimianzo, na oficina do sindicato Unións Agrarias onde traballa e se produciu o suceso, aínda non foron quen de retomar a súa actividade normal. Fontes próximas aseguran que a ferida, que xa está en planta, evolucionando ben e co ánimo intacto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha