42
A presunta autora da queima de vehículos, de 52 anos, chegou aos xulgados de Tui encapuchada nun coche da Garda Civil e entrou por unha porta lateral. O xulgado de garda decretou para ela prisión incondicional, comunicada e sen fianza. Está investigada por un presunto delito de danos con risco para as persoas. A muller foi enviada nun furgón cara ao cárcere da Lama. As gravacións das cámaras de vixilancia que a delataron indican que actuou soa. Moveuse con rapidez para facer coincidir os cinco focos de lume que calcinaron máis de 21 vehículos.